top of page

Imos elaborar unha lista de éxitos de cancións do verán 2016. Para iso, imos ver algunhas cancións do verán de fai décadas para comparalas coas actuais e entrar no ambiente que proporciona a música estival. Despois seguiremos realizando unha selección das nosas cancións preferidas, as que pensamos que son as máis exitosas do pasado verán. Unha vez que teñamos seleccionadas estas cancións, poñerémolas en común ata que cheguemos a un consenso de 10 cancións do verán. Con esta información crearemos un cartel con códigos QR para compartir as listas co resto do Cpi. Ao final teremos 5 carteis diferentes, un por cada clase. Veremos si hai coincidencias! Tamén imos poñer os vídeos das cancións nunha web Checkthis  para recompilalas e publicalas no blog .

bottom of page